Se hai concerto o xoves, que se enteren antes do xoves
Escríbelo unha vez desde o móbil, unha persoa revísao e sae en Explorar e na túa ficha cando toca.

A programación de calquera negocio
Escolle un e próbao xusto debaixo. Os locais e os eventos son inventados.

Publica un, a ver que pasa
O mesmo formulario que na app. Aquí non se envía nin se garda nada.
- Escríbelo
- En revisión
- Publicado
Agora, fai de revisor
Un local · Enviada hoxe
Cando sae cada cousa
- 30
- datas por evento, como moito. Na alta engades ata 12 soltas, e «Cada semana» conta como unha.
- 6
- meses de antelación para anuncialo. Unha feira de máis de 30 días pasa por unha revisión á parte.
- 20
- eventos por cidade en «Esta semana», os que empezan antes. Na túa ficha, os 10 seguintes.
Que pasa en cada paso
Dáslo de alta
Catro preguntas desde o móbil: que é, onde, cando e como o sabes. Se entras desde a ficha do teu local, o sitio xa está posto e esa pregunta nin aparece.
Sala ou promotora sen local propio: escolles a sala do catálogo. Marcar un punto no mapa para o público chegará máis adiante.
Complétalo
Prezo, ligazón a onde xa vendas as entradas, horario se dura varios días. O que non pongas non sae. Nada se enche só.
O cartel gárdase co evento. Que o vexa o público está por chegar.
Mírao unha persoa
Que o sitio exista, que as datas cadren e que non sexa publicidade disfrazada. Mentres, en «As miñas achegas» pon «En revisión» e só o ves ti.
Publícase ou dicímosche por que
Publicado, ou «Rexeitado» co seu motivo en «As miñas achegas»: un dato que non cadra, publicidade ou datos de contacto, que xa hai un igual ou ofensivo.
Sae cando toca
En «Esta semana» os sete días antes e na ficha do teu local desde 90 días antes. O que se repite vai saíndo só, sen volver escribilo.
E vaise só
Cando pasa a última data deixa de verse. Aos 30 días bórrase enteiro, coas súas fotos.
Ofertas coa letra grande Proximamente
Que é, cando vale, para quen e ata que día. Sen esas catro cousas non se publicará ningunha. Carga un exemplo ou monta a túa.
Exemplos inventados
- Que é
- Cando vale
- Para quen
- Ata que día

Exemplo · aínda non se publican ofertas
Cine Imaxinario · Oferta
Canxearase no local. Cando caduque, desaparecerá soa.
Que tes montado este mes?
Suma o teu local e engádelo desde a súa ficha. A ficha e os eventos non custan nada.
Para que non falte nada
Ver Wambree
Tarxeta de visitasPara que quen vén volva