Unha app para decidir onde quedar
Serve para grupos de ata seis persoas. Cada quen di de onde sae e que precisa, e Wambree busca sitios que vos veñan ben a todos.

O que fai
- Propón sitios reais e calcula como chega cada quen.
- Descarta o que consta pechado e avisa se o horario está por confirmar.
- Ten en conta se fai falta un sitio sen chanzos ou comida vegana, vexetariana ou sen glute.
- Éntrase cunha ligazón e sen conta, tamén se non instalas nada.
- Se ninguén quere convidar, sortéao un dado entre quen xoga.
- Garda un selo de cada plan que ocorreu, para acordarte ou para repetilo.

O que non fai
Mellor sabelo antes.
- Non ten chat. Seguides falando onde sempre.
- Non reserva nin cobra. A mesa pedÃdeslla vós ao local.
- Non serve para grupos de máis de seis persoas, contándote a ti.
- O transporte público só está en Madrid, e é un tempo estimado.
Hoxe, en tres cidades
Madrid, Zaragoza e Barcelona. As demais levan o rótulo «Proximamente» ata que busquen de verdade.
Xa sabes que é. Agora, como vai
Crear un plan
Como funcionaCatro pasos
