Quedar con alguén sen darlle o teu enderezo
Bastantes nervios dá xa a primeira cita. O sitio, e o de como chega cada un, déixao aquí.
Poñamos que es Noa e quedaches con Álex. Mira o plan desde cada móbil:
O que ves ti
O teu punto, o teu camiño e a que hora chegas. É a túa pantalla.
O que ve Álex
O sitio, a hora e que vas. Do teu punto de saída e do teu traxecto, nada: non vos coñecedes, e Wambree non llo conta.
O que che rolda, hora a hora
- Martes, 22:14
«¿Y dónde le digo?»
Creas o plan: un café, xoves ás 19:30. Mándaslle a ligazón e Álex apúntase co seu nome, sen conta e sen instalar nada.
- Martes, 22:31
«¿Y si le pilla en la otra punta?»
Cada quen pon de onde sae e canto quere tardar. Saen sitios reais que vos veñen ben aos dous, e ninguén tivo que dicir en que barrio dorme.
Para todosNinguén lonxeMáis rápido - Mércores, 9:02
«Todavía no quiero contarle lo del gluten»
Marcas o que precisas e só o ves ti. A busca teno en conta sen explicarllo a ninguén. Se todos os sitios son sen glute, Álex podería atar cabos, pero iso xa é moi de detective.
- Mércores, 13:40
«¿Y si no le convence y no me lo dice?»
Ten un botón para iso: «Prefiro outro lugar». Sendo dous saberás quen foi, claro. Aínda así custa menos que escribilo.
- Xoves, 20:50
«Va bien. ¿Y ahora qué?»
«E despois?» busca outra parada a dez minutos andando como moito. Cada quen contesta pola súa conta, e «Só o principal» lévate á casa sen inventar un madrugón.
ApúntomeSó o principal
Curtos, e con algo do que falar











